Radical. Sobre todo da natureza. Estudiei bioloxía porque me gustan os animaliños. Os animais feos tamen son dignos de atención. A disciplina é a virtude que máis admiro e da que máis falta teño.
Gústame pensar que son un bo tipo. O tempo dirá. Teño alma de contacontos e moitos defectos de formación profesional e natural. Sublimo o complexo de deus nos relatos e no xardín. Sempre quixen dirixir unha revista… Magnífico! Non si?
Polifacética por natureza. Ás veces penso que me gustan demasiadas cousas, pero o de centrarse… non vai comigo! De primeiras pode parecer que son unha borde mais teño un corazón que non me colle no peito.
Vegana, feminista, galeguista. Nunca calei a boca ante algo que me parecera inxusto. Paso o tempo lendo, debuxando ou practicando un novo medio de expresión artística (sempre confío en que un tutorial é suficiente para aprender o que sexa!).
Son a persoa máis nova de Petapau! Sempre me atopo a medio camiño entre pensar a obra e facela.
Graduada en historia da arte e conservación e restauración de bens culturais. Cunha insaciable curiosidade e interese por escribir e comunicar, procuro aprender cada día un pouquiño máis investigando e divulgando sobre cultura e arte.
©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.